Medio Ambiente                                      FEGAMP 
 

Compra Verde

¿Qué é a compra verde?

Chámase compra verde á adquisición de productos ou servicios económica e ecolóxicamente responsables.

O concepto de compra verde significa a integración da compoñente medioambiental na toma de decisións na compra de bens e contratación de servicios. Esto significa escoller os productos en función do seu contido, o tipo de envoltorio (si son ou no reciclables, os resíduos que xeneran) ou se están en posesión dunha ecoetiqueta.

 

Función exemplar

Municipios, empresas e corporacións municipais son chamados a servir como modelo e orientar no futuro de maneira máis intensiva e sistemática a súa demanda de productos e servicios cara os obxectivos dun desenvolvemento máis sustentable.
Moitas administracións e empresas españolas xa incorporaron a variable ambiental no proceso de contratación, comezando a esixir a realización de estudios de Análise do Ciclo de Vida (ACV) dos productos ou servicios a contratar.

 

Responsabilidade

As compras públicas no mercado da Unión Europea representan máis de 720.000 millóns de euros, o que supón o 11% do PIB da UE, equivalente á metade do PIB de Alemaña. 

Unha grande porcentaxe da contratación pública recae en administracións municipais. Para a compra dalgúns productos son os municipios os que conforman a demanda máis importante ou case a única.

 

Ventaxas da compra verde

 

Aspectos medioambientais

 

- Aforro de recursos vírxenes, renovables e non renovables.

- Aforro de enerxía (transporte, novas tecnoloxías que facilitan a disminución do consumo).

- Restricción en volume e natureza dos compostos perigosos utilizados en productos e procesos.

 

Aspectos sociais

- Menor risco sobre a saúde da poboación local debido á reducción no uso de substancias perigosas e contaminantes.

 

Ø- Promoción de cambios culturais (maior vínculo local, estímulos, etc.)
Ø

- Maior calidade de vida para os cidadáns.

 

Ø

Aspectos económicos

- Influencia no mercado para promocionar novas marcas, solucións técnicas, empresas e postos de traballo. 

- Os resíduos se transforman en materia prima con valor, deixando de ser un costo de producción.

 

 

 

¿É a compra verde máis cara?

 

 

Ademais...

A compra verde favorece o cumprimento da lexislación vixente ao adoptar accións respetuosas co medio ambiente e desechar hábitos incoherentes co desenvolvemento sustentable.

 

 

¿Cómo proceder na compra verde?

A. Diagnóstico da situación

O primeiro paso será facer unha valoración respecto ás compras que se fan no concello:

- Aspectos legais para as compras.

- Qué se merca.

- En qué cantidades.

- Canto se gasta nesas compras.

- Análise do Ciclo de Vida dos productos ou servicios.

 

B. Planeamento

A continuación, trazaremos un plan de acción que nos axude a conseguir o noso obxectivo:

- Definición da política.

- Selección das áreas a participar no proxecto.

- Selección dos criterios para a avaliación dos proveedores.

 

C. Acción

Por último, levaremos a cabo o noso plan:

- Convocatoria de ofertas.

- Avaliación de proveedores.

- Selección de proveedores.

- Finalización da compra.

 

 

¿Qué actividades poderían formar parte dunha compra verde?
 
ØOrganización de actuacións municipais: Festas na cidade, actos públicos...

 

 
¿Qué productos poderían formar parte dunha compra verde?
 
ØMobiliario de secretaria.
ØAdquisición de material de construcción.
ØAlimentos orgánicos.
ØProductos de limpeza.
ØPapel.
ØPinturas.
ØOutros.
 

 

¿Qué servicios, a través de contratos, poderían formar parte dunha compra verde?

ØRecollida de resíduos.
ØLimpeza urbana.
ØMantemento de edifícios e veículos públicos, etc.

 

Experiencias en EMASSER

Pesticidas.
Tubos fluorescentes.
Impresoras.
Papel.
Lápis.
Sobres de papel.
Pinturas.
Aceites lubricantes.
Amoniaco.
Productos de limpeza.
Xogos para infantes.
Carburantes Diesel.
Alimentos.

 

 

Axenda 21 - Emasser - Compra Verde - Sistemas de Xestión Medioambiental - Ecoetiquetas - Política de Desenvolvemento Sostible