|
||
|
Política de Desenvolvemento Sostible
É imprescindible para as Entidades Locais incluir o concepto de sostenibilidade nas súas políticas. Primeiro porque a sostenibilidade fortalece a economía local, mellora e protexe a calidade do medio ambiente e aumenta a calidade de vida e o benestar da comunidade.
Que unha comunidade sexa sostible significa integrar desenvolvemento económico, social e medioambiental. Todo isto é imposible de conseguir sen a implicación directa dos gobernos locais. Construir comunidades sostibles require unha aproximación proactiva, localizada e altamente participativa que depende do limpulso das Entidades Locais. Os proyectos sostibles fortalecen a economía local, melloran e protexen a calidade do medio ambiente e aumentan a calidade de vida e o bienestar da comunidade. O V Programa de Acción en favor do medio ambiente
1993-2000: "Cara a sostenibilidade", é a resposta comunitaria á Axenda
21 e estabelece o marco político que debe traducirse en lexislación. Os seus principios derivan do criterio de precaución, o
concepto de responsabilidade compartida e do princípio de 'quen contamina paga'. O
V Programa de Acción Medioambiental completa as Directivas precedentes de
"control e mando" cunha serie de accións a todos os níveis e implicando a todos os axentes. Os cinco sectores económicos mais importantes
identifícanse como factores potenciais de deterioro do medio ambiente: industria, transporte,
enerxía, turismo e agricultura. Relación de eventos en política medioambiental
VI Programa de Acción Comunitaria en materia de Medio Ambiente (Ver Programa) "Medio Ambiente 2010: o futuro está nas nosas mans" céntrase en catro importantes áreas de actuación: o troco climático, a saúde e o meio ambiente, a natureza e a biodiversidade, e a xestión dos recursos naturais. O novo programa subliña a importancia de implicar aos cidadáns e as empresas mediante fórmulas inovadoras. O novo programa subliña a necesidade de que os Estados membros apliquen mellor a lexislación medioambiental
existente, polo que a Comisión aumentará a presión sobre os Estados membros, dando unha maior divulgación aos
incumprimentos.
Axenda 21 - Emasser - Compra Verde - Sistemas de Xestión Medioambiental - Ecoetiquetas - Política de Desenvolvemento Sostible |