Medio Ambiente                                      FEGAMP 

 

Ruido

Contaminación acústica

Os ruidos poden ter diversas consecuencias nas persóas, desde o sentimento de desagrado e a incomodidade ata daños irreversibles no sistema auditivo. A presión acústica mídese en decibelios (dB) e os especialmente molestos son os que corresponden ós tonos altos (dB-A). A presión do son se volta dañina a uns 75 dB-A e dolorosa ó redor dos 120 dB-A. Incluso pode causar a morte cando chega a 180 dB-A. O límite de tolerancia recomendado pola Organización Mundial da Saúde é de 65 dB-A.

O oído necesita algo máis de 16 horas de reposo para compensar 2 horas de exposición a 100 dB (discoteca ruidosa). Os sonidos de máis de 120 dB (banda ruidosa de rock ou volume alto nos auriculares) poden dañar ás células sensíbles do oído interno provocando perdas de audición. 

España é o país máis ruidoso de Europa e os datos obtidos en 23 cidades españolas nas que se realizou o mapa de ruidos, sinalan que o nivel de ruido equivalente, durante o día, está en valores que oscilan entre os 62 e os 73 dB.

 

Consecuencias da contaminación acústica

O ruido, como axente contaminante, non solo xenera danos ó sistema auditivo.

1.- Sistema cardiovascular, con alteracións do ritmo cardíaco, risco coronario, hipertensión arterial e excitabilidade vascular por efectos de carácter neurovegetativo.

2.- Glándulas endocrinas con alteracións hipofisiarias e aumento da secreción de adrenalina.

3.- Aparato dixestivo con incremento de enfermidades gastroduodenais por dificultar o descanso.

4.- Outras afeccións por incremento inductor de estrés, aumento de alteracións mentais, tendencia a actitudes agresivas, dificuldades de observación, concentración, rendimento y facilita os accidentes.

5.- Xordeira por niveis de 90 dB e superiores mantenidos. Está recoñecida a xordeira, mesmo como enfermedad profesional, para certas actividades laborais, sempre que se constate a relación causa-efecto.

6.- Tamén pode provocar irritación, pérdida da concentración, productividade laboral, alteración do sono, etc.

7.- A exposición continuada produce a pérdida progresiva da capacidade auditiva e especialmente en expuestos industrialmente, así como en xóvenes que utilizan habitualmente "walkmans" ou "discmans" a alto volumen e motocicletas ou os que acuden regularmente a discotecas.

 

 

Escala de ruidos e efectos que producen

 

dB-A exemplo Efecto - Dano a longo prazo
10 Respiración. Rumor de follas Grande tranquilidade
20 Susurro Grande tranquilidade
30 Campo pola noite Grande tranquilidade
40 Biblioteca Tranquilidade
50 Conversación tranquila Tranquilidade
60 Conversación en clase Algo molesto
70 Aspiradora. Televisión alta Molesto
80 Lavadora/Fábrica Molesto - Posible dano
90 Moto/Camión ruidoso Moi molesto - Danos
100 Cortadora de césped Moi molesto - Danos
110 Bocina a 1 m/Grupo de rock Moi molesto  - Danos
120 Sirena cercana Algo de dor
130 Cascos de música estrepitosos Algo de dor
140 Cubierta de portaavións Dor
150 Despegue de avión a 25 m Rotura do tímpano

 

Máximo de decibelios permitidos en edificios públicos 

Hospitais: 25 db
Bibliotecas e muséos: 30 db
Cines, teatros e salas de conferencias: 40 db
Centros docentes e hoteis: 40 db
Secretarias e despachos públicos: 45 db
Grandes almacéns, restaurantes e bares: 55 db

 

 

Reducción da contaminación acústica
A contaminación sonora ou acústica pódese reducir, óbviamente, producindo menos ruido. Isto pódese conseguir diminuindo o uso de sirenas nas rúas, controlando o ruido de motocicletas, coches, maquinaria, etc. En moitos casos, aínda que temos a tecnoloxía para reducir as emisions de ruido, esta non se usa porque os usuarios pensan que un vehículo ou máquina que produce máis ruido é mais poderosa e as casas comerciais prefiren manter o ruido, para vender máis. 

A instalación de pantallas ou sistemas de protección entre o foco de ruído e os oyentes son outra forma de paliar este tipo de contaminación. Asi, por exemplo, cada vez é mais frecuente a instalación de pantallas ós lados das auto-estradas ou estradas, ou o recubrimento con materiais aislantes nas máquinas ou lugares ruidosos.

 

En Galicia

En Galicia estáse a levar a cabo unha experiencia piloto para a elaboración dun mapa de ruidos nunha superficie de 1.218,4 kilómetros cuadrados, ó longo da comarca do Barbanza, O Salnés e Santiago de Compostela.

O obxectivo é poder adquirir os datos necesarios sobre os niveis deste tipo de contaminación e establecer o porcentaxe de poboación, obxecto do estudio, e comprobar si se encontra dentro das recomendacións feitas pola Organización Mundial da Saúde (OMS), da Organización para a Cooperación e o Desarrollo (OCDE) o do estipulado pola ley.

Preténdese ademais, conseguir unha ferramenta que permita alcanzar as aspiracións de regulación autonómica e estatal en materia de protección acústica, tanto para as persoas como para o medio ambiente.