Medio Ambiente                                      FEGAMP 

 

¿Qué é a biodiversidade ?

A biodiversidade (diversidade biolóxica) é unha medida da variedade de animais, plantas e especies microbianas que hai na Terra. A riqueza actual da vida na Terra é o producto de centos de millóns de anos de evolución histórica. Ó longo da historia xurdiron culturas que se adaptaron ó entorno local, descubrindo, usando e modificando os recursos bióticos locais.      Moitas zonas que agora semellan "naturais" levan a marca de milenios de vida humana, cultivo de plantas e recopilación de recursos. A biodiversidade foi modelada ademais pola domesticación e hibridación de variedades locais de cultivos e gando.

A biodiversidade pódese dividir en tres categorías xerarquizadas (xenética, das especies, e dos ecosistemas) que describen moi diferentes xeitos dos sistemas vivintes e que os científicos miden de diferentes maneiras:

 

Diversidade xenética

Por diversidade xenética enténdese a variación dos xenes dentro das especies. Isto abrangue poboacións determinadas da mesma especie (como os milleiros de variedades tradicionais de arroz da India) ou a variación xenética dunha poboación (que é moi elevada entre os rinocerontes da India, por exemplo, e moi escasa entre os chitas). Ata fai pouco, as medidas da diversidade xenética aplicábanse principalmente ás espécies e poboacións domesticadas conservadas en zoolóxicos ou xardíns botánicos, pero as técnicas aplícanse cada vez máis ás especies silvestres.

 

Diversidade das especies

Por diversidade de especies enténdese a variedade de especies existentes nunha rexión. Os científicos non se puxeron dacordo sobre cál é o mellor método para medir esta diversidade. O número de especies dunha rexión (a súa "riqueza" en especies) é unha medida que amiúdo se utiliza, pero unha medida mais precisa, a "diversidade taxonómica", ten en conta a estreita relación existente entre unhas especies e outras.  

 Por exemplo: unha illa no que hai dous especies de paxaros e unha especie de lagartos ten maior diversidade taxonómica que unha illa no que hai tres especies de paxaros pero ningunha de lagartos. Polo tanto, aínda cando haxa máis especies de escaravellos terrestres que de todas as outras especies combinadas, eles non inflúen sobre a diversidade das especies porque están relacionados moi estreitamente. Asimesmo é moito maior o número das especies que viven en terra que as que viven no mar, pero as especies terrestres están máis estreitamente vinculadas entre sí que as especies oceánicas, polo cal a diversidade é maior nos ecosistemas marinos que o que suxeriría un reconto estricto das especies.

 

Diversidade dos ecosistemas

A diversidade dos ecosistemas é mais difícil de medir que a das especies ou a diversidade xenética porque as fronteras ou límites das comunidades (asociacións de especies) e dos ecosistemas non están ben definidas. Non obstante, na medida en que se utilice un conxunto de criterios coherente para definir as comunidades e os ecosistemas poderase medir o seu número e distribución.

Ata agora, eses métodos aplicáronse principalmente a nivel nacional e subnacional, pero elaboráronse tamén algunhas clasificacións globais xerais.

 

 

Ademais da diversidade dos ecosistemas, poden ser importantes moitas outras expresións da biodiversidade. Entre elas figuran a abundancia relativa de especies, a estrutura de idades das poboacións, a estructura das comunidades nunha rexión, a variación da composición e a estructura das comunidades ó longo do tempo e ata procesos ecolóxicos tales como a depredación, o parasitismo e o mutualismo. En forma mais xeral, para alcanzar metas específicas de manexo ou de políticas, acostuma ser importante examinar non só a diversidade de composición -xenes, especies e ecosistemas- se non tamén a diversidade da estrutura e as funcións dos ecosistemas.

 

Algúns datos sobre a disminución da biodiversidade

A superficie dos ecosistemas non contaminados reduciuse extraordináriamente nas últimas décadas a medida que aumentaban a poboación e o consumo dos recursos.

     

  • O 98% dos bosques tropicais secos da costa do Pacífico centroamericana desapareceron.
  • Tailandia perdeu o 32% dos seus manglares entre 1961 e 1985, e prácticamente nada do que queda está exenta de perturbacións.
  • Nos ecosistemas de auga doce, os encoros destruíron grandes sectores do hábitat dos ríos e afluentes. 
  • Nos ecosistemas marítimos, o desenvolvemento costeiro eliminou os hábitats dos arrecifes e os próximos ás costas. 
  • Nos bosques tropicais, unha das principais causas de deterioro é a expansión da agricultura marxinal, aínda que en determinadas rexións a producción comercial de madeira pode causar un problema aínda maior.

 

 

Causas da disminución da biodiversidade

Introducción de especies

A introducción de especies provoca moitas das extincións de outras especies, especialmente nas illas. Nestes ecosistemas aislados, un novo depredador competidor, ou axente patógeno, pode poner en perigo a especies incapaces de se desenvolverse conxuntamente cos intrusos.

     

  • En Hawai, unhas 86 especies de plantas introducidas ameazan a biodiversidade nativa; unha especie de árbore introducida desplazou máis de 30.000 acres de bosques nativos.

     

 

Explotación de especies de plantas e animais

Numerosos bosques, recursos e animais de vida silvestre foron explotados en exceso, en algúns casos ata a extinción.

  • O cedro do Líbano que cubria en certa época 50.000 hectáreas, só se atopa nunhas poucas zonas aisladas de bosques.
  • A explotación excesiva da pesca reduce extraordinariamente as dimensións da poboación e a súa captura.
  • Actualmente, moitos animais salvaxes foron cazados ata ficar ó borde da extinción.

 

En moitos casos, a extinción debeuse ó interese humano en obter alimentos, pero a procura de bens preciados (espécialmente o marfil) de animais domésticos, curiosidades e artigos coleccionables tamén afectou a algunhas poboacións e aniquilado a outras.

 

Contaminación do chán, a auga e a atmósfera

Os productos contaminantes deterioran os ecosistemas e poden reducir ou eliminar a poboación de especies sensíbles. Nalgúns casos a contaminación reverbera ó longo da cadea alimenticia; é o que se coñece por bioacumulación.

     

  • En 1976, 1987 e 1992, os petroleiros Urquiola, Casson e Mar Egeo, respectivamente, ocasionaron os peores desastres ecolóxicos coñecidos nas costas galegas. Vertiron ó mar máis de 180.000 toneladas de crú e outras substancias tóxicas. As consecuencias da mar negra ocasionada aínda chegan ós nosos dias.

 

  • A rotura dun encoro nas minas de Aznalcóllar (Sevilla) provocou o vertido de 5 millóns de metros cúbicos de residuos tóxicos sobre o entorno do parque nacional de Doñana, sufrendo un dano ecolóxico irreparáble.

  • No Reino Unido, a poboación de lechuzas reduciuse nun 10% desde que se introduciron os raticidas.

     

  • No parque nacional Ojcow de Polonia perdéronse unhas 43 especies, o que se debeu en parte á grave contaminación do aire.

     

Os microbios do chán tamén foron afectados pola contaminación debido ós depósitos industriais de metais pesados e á agricultura de rego, que provocan a salinización.

     

  • A chuvia ácida voltou invivibles miles de lagos e estanques de Escandinavia e América do Norte e, conxuntamente con outros tipos de contaminación do aire, danou bosques en toda Europa.

     

  • A contaminación de augas, especialmente de fontes non puntuais, afectou ó Mediterráneo e moitos estuarios e augas mariñas costeiras en todo o mundo.

     

 

Cambio climático

Nas próximas décadas un "subefecto" da contaminación do aire (o quentamento global) podería causar estragos nos organismos de todo o mundo.

Moitas especies non estarán en condicións de redistribuirse con suficiente rapidez como para adaptarse ós cambios previstos, e é probable que se produzan considerables alteracións na estructura e funcionamento dos ecosistemas.

     

  • En Estados Unidos, o continuo aumento do nivel do mar no próximo século pode afectar á totalidade do hábitat de polo menos 50 especies que xa corren perigo de extinción.

     

  • Moitas das illas do mundo quedarían completamente mergulladas si se cumplen as prediccións máis extremas sobre aumento do nivel do mar, producíndose dese modo a destrucción total da súa fauna e flora.

     

  • As mesmas áreas protexidas veríanse suxeitas a tensións ó deteriorarse as condicións ambientais própias e ó non poder atopar os súas especies un hábitat adecuado nas zonas perturbadas circundantes.

     

 

Explotacións agrícolas e bosques

Ata o pasado século, os agricultores e gandeiros criaban e mantiñan unha grande variedade de cultivos e gado en todo o mundo. Pero esa diversidade estase a reducir nas terras de cultivo debido ós modernos planos de hibridación de plantas e ó conseguinte aumento da productividade que xorde de sementar un número relativamente menor de cultivos que reaccionan mellor ante o rego, os fertilizantes e os plaguicidas.

 

Tendencias similares están a transformar os ecosistemas forestais en plantacións de monocultivas de árbores de alto rendimento e mesmo se preservaron ex situ menos xenes de árbores que xenes de cultivos como "póliza de seguros" contra as enfermidades e as pragas.