|
Emasser
![]() |
Actualmente as cuestións ambientais espertan unha ampla sensibilidade social, demandando actuacións preventivas e de mellora nesta materia, que contribúen a planteamentos encamiñados a un novo modelo de desenvolvemento económico: o desenvolvemento sostible. Neste sentido, entre os instrumentos que poden axudar a dar resposta a esta nova sensibilidade ecolóxica, están as diferentes ferramentas de xestión ambiental. |
Con
implantación no mercado, disponse xa de instrumentos voluntarios que establecen
modelos de implantación de sistemas de xestión medioambiental (SGM) que con
similares metodoloxías, como son o Reglamento EMAS ou ISO 14.001:96, poden chegar
a certificar un comportamento ambiental responsable das organizacións que os
adaptan. Desde o seno da Administración Local, con importantes competencias de xestión,
e dada a súa cercanía ó ciudadano, é importante que estas reflexiones leven
a un coñecemento das ferramentas que poden ser empregadas para mellorar a xestión
municipal, coa planificación e seguimiento dunha política ambiental.
A esixencia do mercado fixo que este proceso comenzara no sector industrial
productivo, sendo todavía pouco significativa a súa repercusión en sectores
como o de servicios para PYMEs ou para organizacións públicas.
Iniciativas como EMASSER de Recite II, ofrece a posibilidade de coñecer
experiencias acerca da implantación de sistemas de xestión medioambiental nos
Concellos e nas PYMEs que prestan servicios ós Concellos e tamén acerca da
promoción da compra pública ecolóxica.
A participación de diferentes rexións no foro que ofrece EMASSER, País Vasco (España), Scania (Suecia), Abrantes (Portugal) e Galicia (España) garantiza a transnacionalidade do proxecto e o enriquece a través da participación dos diversos organismos implicados no desenvolvemento do mesmo.
Presentación de Recite II e Emasser
Manual para a implantación de EMAS e promoción da compra verde
Axenda 21 - Emasser - Compra Verde - Sistemas de Xestión Medioambiental - Ecoetiquetas - Política de Desenvolvemento Sostible