Medio Ambiente                                      FEGAMP 
 

¿Qué son as ecoetiquetas?

As ecoetiquetas son uns distintivos outorgados pola administración ou outra organización, que garantizan o cumplimento duns criterios ambientais por parte do producto. Desta maneira, o consumidor pode recoñecer nun producto ecoetiquetado, que éste cumpre unhas rigorosas especificacións ambientais esixidas polo organismo outorgador.

 

Etiqueta Ecolóxica Europea (2 tipos)

* Etiqueta Ecolóxica Europea para os productos de consumo e equipamento do fogar.

* Etiquetas ecológicas dos alimentos: Agricultura ecológica, producción integrada e etiquetado de transxénicos.   

Añadido a este logotipo debe levar alomenos un dos tres seguintes motivos polos que se concede a etiqueta ó producto:

 

· Baixa contaminación atmosférica

· Eficiencia enerxética

· Toxicidade reducida  

 

A Unión Europea decidiu a creación dunha etiqueta ecolóxica para todo o ámbito da Europa comunitaria con dous fins:

 

* Promover aqueles productos con escaso impacto ambiental.

*Proporcionar aos consumidores unha mellor información sobre as repercusións ecolóxicas dos productos.

 

Proceso de solicitude da Ecoetiqueta

Os fabricantes que desexen obter a etiqueta ecolóxica para un producto deberán solicita-la e cumprir unha serie de requisitos ecolóxicos específicos e homoxéneos por cada categoría de productos. Estes requerimentos garantirán un elevado nivel de protección ambiental e basearan-se, na medida posibel, no emprego de técnicas non contaminantes.

 Representantes da industria, o comercio, organizacións de consumidores, organizacións ecoloxistas e sindicatos son os encargados de definir os criterios aplicables a un producto, polo que se trata dun proceso transparente e participativo. Tamén se ten en conta o ponto de vista de fabricantes externos á Unión Europea.

 Os criterios que debe seguir a fabricación dun producto deben ser aprobados por maioría cualificada dos Estados Membros e a Comisión Europea antes de publicarse oficialmente no Diario Oficial da Comunidade Europea (DOCE). É entón cando o producto pode ser fabricado dacordo a ditos criterios e o fabricante pode solicitar a concesión da etiqueta ecolóxica. A certificación de que o producto cumpre cos requisitos esixidos é realizada por unha entidade independente que é autorizada polo Estado Membro. En España, esta entidade autorizada para realizar a certificación é AENOR.  

O proceso acostuma tardar de dous a tres meses, e unha vez aprobada e concedida a Etiqueta Ecolóxica Europea, a empresa debe pagar unha tarifa anual polos dereitos de uso que están fixados nun 0,15% do volume anual de vendas delproducto. Ademais hai que pagar 500 € coa solicitude de adhesión ó sistema. A etiqueta é valida por tres anos que é cando expiran os criterios.  

 

Vantaxes da Etiqueta Ecolóxica Europea

 As vantaxes da Etiqueta Ecolóxica Europea son:

* Está avalada pola autoridade pública.

* Certificada por unha organización independente.

* Fácilmente visible no producto.

* Baseada en criterios científicos.

* Apoiada por asociacións de consumidores e outras organizacións ecoloxistas.

* Garante que a calidade do producto é alomenos tan boa como a de productos equivalentes sen beneficios ambientais.

 

¿Qué productos poden ser ecoetiquetados?

Na actualidade, a UE está a ampliar o número de productos para acceder á etiqueta ecolóxica. De momento estes productos son:

* Equipos e material de oficina: Ordenadores, Ordenadores portátiles e Papel de fotocopias.

* Camas e colchons: Roupa de cama e colchóns.

* Hixiene e Limpeza doméstica: Deterxente para lavadoras, deterxente para lavavaixelas, papel hixiénico, rolos de cociña e papel tisú.

* Electrodomésticos: Lavavaixelas, lavadoras, frigoríficos.

* Roupa e zapatos: Tecidos para roupa e zapatos.

* Materiais para bricolaxe: Pinturas de interior, barrnices de interior, lámparas, tecidos de interior.

* Xardinería: Emendas do chán.  

En Galicia só hai con etiqueta ecológica as pinturas Proa S.A. e Pinturas Xylazel S.A., ambas de Vigo.  

O organismo competente en España en materia da etiqueta ecolóxica europea é AENOR

Sr Antón Elejabeitia (AENOR) C/ Génova, 6 CP-28004 Madrid

Tel:  91 432 60 00     Fax:  91 310 45 18       aeleja@aenor.es

 

                    

 

Etiquetado dos alimentos ecolóxicos

Como vimos, os alimentos son productos que están excluídos da etiqueta ecológica europea pero que teñen o seu propio sistema de certificación ecolóxica.

A producción ecolóxica agraria ou biolóxica é un método claramente diferenciado da producción convencional de alimentos que ademais está regulado en todas as súas fases de producción, transformación e comercialización.

Este sistema estabelece unha série de normas para a a presentación, o etiquetado, a producción, a elaboración e o control para a importación de terceiros países.

É evidente para todos que os consumidores cada vez valoran máis a calidade e a seguridade alimentaria. A demanda de productos ecolóxicos creceu na Unión Europea un 20% no ano 2001 e a oferta é insuficiente.

Este sistema é xestionado directamente polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), que é a autoridade única de control dos productos que se amparan baixo este sistema. Igualmente que no anterior sistema, os alimentos deben estar identificados coa contraetiqueta que outorga o CRAEGA:  

Os productos amparados baixo esta etiqueta deben producirse dacordo ás normas que fixa o regulamento comunitario para cada producto. Podemos destacar que non poden utilizarse nin pesticidas, herbicidas, abonos químicos de síntese, ou suministrar aos animais certos medicamentos. Calquera emprego de productos alleos aos sistemas de producción tradicionais implicaría a non consideración como producto ecolóxico.  

 Froitas, froitos secos, meles e hortalizas, así como carne de ganado vacúne aves son os productos que varias empresas galegas están empezando a producir de xeito ecolóxico.

O precio destes productos é superior ó dos alimentos convencionais, pois ó non empregar métodos para aumentar a producción, erradicación de pragas ou enfermidades, os custes son maiores. Non obstante, as características organolépticas dos alimentos ecolóxicos son superiores e moito máis sans.

Para máis información relacionada coa agricultura ecolóxica de Galicia, a páxina web do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) é:  

 http//www.craega.es

Para evitar actuacións fraudulentas de utilizazón da palabra Eco ou Ecolóxico noutros productos ou confusións con bio ou biolóxico, fixouse mediante o Real Decreto 506/2001 de 11 de maio (sobre producción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos productos agrarios e alimenticios) como válido exclusivamente o termo ecolóxico ou o seu prefixo eco.  

 

Axenda 21 - Emasser - Compra Verde - Sistemas de Xestión Medioambiental - Ecoetiquetas - Política de Desenvolvemento Sostible